Ir ao contido

Mellorar a seguridade do noso WiFi

Contrasinal do WiFi

Un contrasinal forte é esencial para protexer a túa rede WiFi de accesos non autorizados. Utilizar un contrasinal longo, complexo e único, que combine letras maiúsculas, minúsculas, números e símbolos, axuda a evitar que cibercriminais ou programas automáticos queiran acceder á túa rede. Ao crear un contrasinal, debes evitar usar información persoal fácil de adiviñar, como o teu nome ou datas de nacemento. A mellor opción é usar un xerador de contrasinais ou unha frase longa e única. Un contrasinal de 12 ou máis caracteres é máis seguro. Se é posible, utiliza un xerador de contrasinais para crear claves robustas que non sexan fáciles de adiviñar, como BitWarden ou Proton Pass.

Configuración do router

  • Nome de usuaria e contrasinal do router: Moitos routers veñen cun nome de usuaria e contrasinal por defecto que pode ser facilmente adiviñado. É fundamental cambiar estas credenciais para impedir que calquera acceda á configuración do router sen autorización. De non facelo, calquera que se conecte ao teu WiFi podería acceder ao teu router e cambiar configuración que atenten directamente contra a túa privacidade.

  • Cambio do nome de rede (SSID): O nome de rede (SSID) debe ser cambiado para que non sexa facilmente identificable. Non uses datos persoais no SSID, xa que pode facilitar a identificación da túa rede.

  • Configuración do protocolo de seguridade (WPA3/WPA2): Asegúrate de configurar a túa rede WiFi cun protocolo de seguridade forte. WP3 é o de maior seguridade, pero non todos os dispositivos son compatibles, asi que recoméndase seleccionar a opción similar a "WPA2/WPA3", que permite o emprego tanto de WPA2 como WPA3.

  • Desactivación da administración remota: Nalgúns casos, os routers teñen un modo de administración remota permite que accedas á configuración do router desde calquera lugar a través de Internet. Para aumentar a seguridade, desactívao e así evitar accesos non autorizados á configuración do router.

  • WiFi de invitadas: É recomendable crear unha rede WiFi separada para os convidados, de modo que non poidan acceder aos teus dispositivos e arquivos persoais. A maioría dos WiFis permíteno facer de forma sinxela accedendo ao panel de administración.

  • Uso de DNS seguros: Nalgún casos, podes modificar o DNS que trae configurado o teu router, que adoita ser o DNS do ISP, e empregar un DNS seguro que aplique a todos os dispositivos que se conecten a el (salvo que eses dispositivos teñan configurada un DNS seguro propio). Sen embargo, nalgúns casos cambiar o DNS no router non é posible xa que o ISP limita as configuración que podes modificar. Neste último caso, ou ben cambias o router ou ben activas o DNS directamente nos teus dispositivos.

Neste exemplo podes ver onde atopar as distintas opcións. Non todos os rúter teñen a mesma interface.