Ir ao contido

Guía de Autodefensa Dixital

Soberanía Dixital

Por que facemos esta guía? Vivimos nun mundo que, coa súa parte boa e a súa parte mala, vaise movendo cara o lado dixital a pasos axigantados, e en ocasións deixando a moita xente atrás. Este mundo dixital, ao igual ca o presencial, tamén ten unha serie de riscos dos que protexerse. Moitas de vós quizais tedes a esa persoa de confianza (filla, sobriña, amiga...) a quen consultarlle dúbidas ou pedir consello en cousas relacionadas coas tecnoloxías da información (TIC), pero non todo o mundo ten esa opción. É por iso que facemos esta guía, explicando de forma clara e detallada como podes mellorar a túa seguridade dixital, teñas ou non coñecementos previos de ciberseguridade.

Antes de comezar, é importante ter claro que a seguridade absoluta non existe, e sempre hai risco. O que podemos facer como persoas usuarias é poñer barreiras que nos protexan.

Esta é unha guía dinámica. É dicir, irémola actualizando a medida que nos vaian chegando suxestións. Nesta ligazón poderás consultar sempre a última versión da guía en formato PDF. E nesta outra ligazón poderás atopala en formato editable, por se queres reutilizala ou contribuír a ela.

Estate atenta ás nosas redes, xa que ao longo dos próximos meses iremos facendo charlas e obradoiros para dar a coñecer a guía, explicando os distintos apartados de forma sinxela e axudándoche de forma práctica a implementar os consellos que damos nela. Tamén nos podes contactar se queres organizar algún faladoiro na túa zona, asociación ou grupo.